
O primeiros 200 abonos para asistir ao festival, 100 para as sesións de mañá e outros tantos para as de tarde, póñense á venda cun desconto de máis do 30% sobre o prezo oficial, e inclúen canda ás entradas a camiseta, o catálogo do Festival e unha chapa de edición limitada. Tamén abren este 15 de xullo as reservas para asistir ás estreas de Donde acaba la memoria e de Beiras, vivir dúas veces, proxeccións que serán de balde pero limitadas a 75 prazas cada unha.
A Asociación Arela, que organiza o festival, presentaba na mañá do 14 de xullo a nova edición do evento en Santiago de Compostela. Como é habitual, o evento conta cun cartel realizado pola firma de deseño Nikis Galicia que tamén se deu a coñecer na rolda de prensa.