As entradas e os bonos para o Festival Sinsal Son Estrella Galicia, que se celebrará os dÃas 24, 25 e 26 de xullo na illa de San Simón, no concello de Redondela (Pontevedra), xa están á venda. Asimesmo, na nova tenda virtual do Festival de Cans pódense adquirir as primeiras 500 entradas para poder ver as curtas a concurso desta XII edición que se celebra na parroquia de Cans, no Porriño, do 20 ao 23 de maio.
Os organizadores do Festival Sinsal Son Estrella Galicia recordan que os cen primeiros compradores terán redución de prezo dos bonos. Esta nova edición do certame, na que o público non coñece o cartel ata que chega á illa, á parte dos concertos, como vén sendo habitual, haberá diferentes actividades e experiencias na illa.
Sinsal Son Estrella Galicia, un dos festivais máis singulares de Europa, programará para o venres 24 de xullo catro concertos exclusivos, o sábado serán seis os concertos e dúas sesións DJ e o domingo haberá outras catro actuacións musicais. Ademais, desenvolveranse actividades dirixidas a públicos familiares.
Pola contra, o Festival de Cans, que parodia co seu nome o prestixioso Festival francés de Cannes, contará coa estrea de documentais e longametraxes, concurso de videoclips e coloquios con cineastas. Entre as actuacións musicais destacan as de Sés e Def con Dos para a noite do sábado 23 de maio. Tamén se incluirán proxeccións audiovisuais de estrea e outras actuacións de artistas emerxentes para os que o festival quere servir de rampla de lanzamento.