Retírase a cápsula que protexía o Pórtico da Gloria

Os accesos seguirán sendo limitados por seguridade e para "facilitar a apreciación cultural"

14/7/2021 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Foto: Denís E. F. / Catedral de Santiago

A Catedral de Santiago comezou a retirar do Pórtico da Gloria a protección de madeira que limitaba a penetración de humidade e contaminación química derivada das obras de reforma dos diferentes espazos do templo. O proceso será gradual: agora se rebaixou a altura da cápsula de madeira ata 1'80 e o 22 de xullo finalizará coa súa total retirada. Aínda así, a catedral manterá a limitación de acceso ao Pórtico "para evitar o incremento dos índices de vapor de auga na atmósfera interior", pero tamén para mellorar a experiencia e "facilitar a apreciación cultural do patrimonio. A masificación conduce á banalización". Con todo isto, a catedral regulará o acceso "sexa de pagamento ou gratuíto", ademais doutras medidas de conservación.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Catedral, Pórtico da Gloria, Catedral de Santiago