O programa DANZA 3 arrancou esta fin de semana coas actuacións de Xacarandaina en Burela, Cantigas e Agarimos en MarÃn e de O Fiadeiro en Moaña. A Xunta de Galicia e o colectivo XOC, integrado polas devanditas agrupacións, promoven por noveno ano consecutivo esta iniciativa de difusión do baile e a música tradicionais, desta volta como parte da programación cultural do Xacobeo 21-22. Con este motivo, amplÃase o percorrido do ciclo, que o ano pasado e a pesar das restricións sanitarias foi quen de manter a meirande parte das representacións previstas. Esta nova viaxe polas prazas e rúas dos 15 concellos participantes estenderá o percorrido destas tres agrupacións durante todo o verán, viaxando por diferentes espazos ao aire libre e auditorios para compoñer un calendario de encontros festivos co público nos municipios de Cambados, Carballo, Carnota, Carral, A Guarda, A Laracha, Negreira, O Carballiño, Poio, Ribadeo, Sober e Vedra. Serán 12 citas centradas na danza e outras tres na música, nas que estas formacións artÃsticas exhibirán a pé de rúa unha mostra do seu amplo repertorio e nas que buscarán implicar os viandantes.