O Ciclo Danza 3 levará o folclore á rúa

Cantigas e Agarimos, O Fiadeiro e Xacarandaina actuarán en nove localidades

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Entre o 19 de agosto e o 22 de setembro nove localidades do noso país acollerán actuacións de grupos de música e baile tradicional no marco da nova edición do ciclo Danza 3. Cantigas e Agarimos, O Fiadeiro e Xacarandaina, integrados no colectivo XOC que solicita á UNESCO o recoñecemento do baile galego como Patrimonio Inmaterial da Humanidade, actuarán baixo o lema Folclore na rúa. As actuacións desenvolveranse adaptadas a cada espazo e procurando a implicación do público e a difusión das formas do noso baile tradicional.

Calendario:
10 de agosto- Cantigas e Agarimos en Celanova. Xacarandaina na Laracha.
24 de agosto- Xacarandaina en Betanzos.
31 de agosto- Xacarandaina en Vilalba. O Fiadeiro en Ponteareas
8 de setembro- Cantigas de Agarimos en Marín.
13 de setembro- Cantigas e Agarimos no Barco de Valdeorras.
22 de setembro- O Fiadeiro en Redondela.

Fica pendente de confirmación a data e localidade dunha terceira actuación de O Fiadeiro.

Que che parece esta nova?
74 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fiadeiro, Xacarandaina, Danza, Cantigas e Agarimos...