12 concellos galegos participan do ciclo Danza 3 que organiza o colectivo XOC (Xacarandaina, O Fiadeiro e Cantigas e Agarimos) para difundir a música e o baile tradicional. Trátase de Mondoñedo, Arteixo, A Baña, O Barco de Valdeorras, A Cañiza, Castrelo de Miño, Melide, Oza-Cesuras, Palas de Rei, Sarria, Valga e Vila de Cruces.
A carteleira de 2016 arranca este sábado 25, ás 20.30 horas, co espectáculo que Xacarandaina desenvolverá na praza dos MuÃños de Arriba de Mondoñedo. A formación coruñesa presentarase tamén en Oza-Cesuras (3 de xullo, na praza do Concello), Sarria (1 de outubro, na Casa da Cultura) e Arteixo (15 de outubro). O Fiadeiro, de Vigo, ten programadas outras catro representacións en Melide (30 de xullo, na praza do Convento), Castrelo de Miño (13 de agosto, na praza do Parque), A Cañiza (15 de agosto, na praza Maior) e no Teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras nunha data por confirmar. Por último, a agrupación compostelá Cantigas e Agarimos actuará na Baña (30 de xullo), Vila de Cruces (7 de agosto), Palas de Rei (18 de setembro) e Valga (data por confirmar).
Tres galas
En canto ás tres citas que terán lugar en recintos pechados (Casa da Cultura de Sarria, Teatro Lauro Olmo do Barco e Auditorio Municipal de Valga), as postas en escena desenvolveranse a xeito de gala ou espectáculo total. AsÃ, Cantigas e Agarimos representará ‘BalbinoÂ’, no que lembra a figura e a obra de Xosé Neira Vilas; Fiadeiro escenificará ‘Esta noite hai unha fÃa: nas catro esquinasÂ’ e Xacarandaina preparará unha gala na que os seus grupos de música e baile tradicional compartirán escenario coas xentes do pobo que viviron e conservaron o noso folclore.
Neste sentido, as tres montaxes serven de homenaxe a todas as persoas que exerceron e exercen de transmisores e baluartes da danza e a música tradicionais galegas. Con elas, as agrupacións do colectivo XOC –que suman máis de 1.500 socios– están a difundir tamén a petición que lle farán chegar ao Ministerio de Educación e Cultura para conseguir a declaración BIC, paso previo á presentación diante da Unesco da candidatura do ‘Baile e música de Galicia’ a Patrimonio Inmaterial da Humanidade.