Como veñen facendo desde hai preto de dez anos, a asociacions Cantigas e Agarimos, O Fiadeiro e Xacarandaina, botan a andar unha nova edición do programa Danza 3. Co apoio da Axencia Galega das Industrias Culturais e mais do Xacobeo, estes colectivos levarán cadanseu espectáculo de canto e danza tradicionais a nove vilas próximas aos camiños de Santiago.
No caso de Cantigas e Agarimos representarán Lela, un novo achegamento ao personaxe de Castelao e homenaxea a todos os que participaron en Os vellos non deben de namorarse. O Fiadeiro, pola súa banda, achega unha nova versión do espectáculo Esta noite hai unha fÃa, no que se achegan aos oficios tradicionais do paÃs. Finalmente, Xacarandaina estrea Galicien Amerika Linie un espectáculo arredor da emigración no que inclúen fotografÃas, vÃdeos e gravacións sonoras procedentes dos arquivos do Consello da Cultura Galega, do Centro Galego de Artes da Imaxe e da propia agrupación.
O programa comezou xa o pasado 30 de decembro con Lela en Xinzo de Limia. Cantigas e Agarimos continuará a súa xira na Estrada (28 de xaneiro) e en Palas de Rei (24 de marzo). Pola súa banda, O Fiadeiro leva Esta noite hai unha fÃa a Tui (11 de febreiro), Arzúa (4 de marzo) e Padrón (22 de xullo), mentres Xacarandaina actuará con Galicien Amerika Linie en Vilalba (10 de marzo), Narón (14 de abril) e Melide (19 de maio).