O programa Danza 3 mantén o seu número de citas na nova edición

Xacarandaina, O Fiadeiro e Cantigas e Agarimos desenvolverán actuacións ata novembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:

Unha actuación da agrupación O Fiadeiro abría este domingo en Mondariz a nova edición do ciclo Danza 3, dedicado ás formas tradicionais da música e das artes do movemento. O programa que promovido pola Consellería de Cultura desenvolverá nesta xeira un total de 12 actuacións, o mesmo que no 2019, ata o mes de novembro. Como é habitual serán as agrupacións Xacarandaina, O Fiadeiro e Cantigas e Agarimos, integradas no colectivo XOC as que presenten os seus espectáculos no marco do programa. A vindeira actuación prevista será tamén do Fiadeiro o vindeiro 16 de agosto en Soutomaior.

Corrección de erros 13/08: Inicialmente a noticia indicaba unha diminución no número de actuacións respecto á anterior edición ao tomar erroneamente coma referencia o programa de 2018 no que si se fixeron de xeito excepcional 15 actuacións. Trátase dun ciclo con xa moitos anos de existencia, que na meirande parte das súas edicións estivo integrado por 9 actuacións (3x3, de aí o seu nome orixinal).

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fiadeiro, Danza, Cantigas e Agarimos, Xacarandaina...