O xurado do XXV Premio Internacional Grupo Compostela-Xunta de Galicia ven de conceder o seu galardón ao ex-ministro español de Cultura Javier Solana pola "súa actuación en favor dos principais fitos da ruta xacobea", entre os que sobresae a cerimonia organizada en 1987 con motivo da declaración do Camiño de Santiago como primeiro itinerario cultural europeo por parte do Consello de Europa. Ademais, os membros do xurado destacan no seu fallo o seu "permanente compromiso social" e a súa traxectoria internacional, ao longo da cal contribuÃu ao "desenvolvemento dos valores europeos da cooperación, integración, diversidade, tolerancia e unidade que rodean" á ruta de peregrinación. A celebración da cerimonia de entrega está prevista para o 13 de setembro no marco da XXV Asamblea Xeral do Grupo Compostela de Universidades, que este ano organizará a Universidade de Santiago de Compostela. Nesta cerimonia recibirá unha cuncha de ouro, emblema da rede de institucións de Educación Superior, e un premio en metálico de 6.000 euros brutos.
Francisco Javier Solana de Madariaga é un polÃtico e diplomático español cunha notoria traxectoria no eido nacional e internacional. Foi ministro de Cultura de España (1982-1988), de Educación e Ciencia (1988-1992), e de Asuntos Exteriores (1992-1995). Ademais de secretario xeral da OTAN (1995-1999), Alto Representante de PolÃtica Exterior e de Seguridade Común da Unión Europea (1999-2009) e Comandante en Xefe de la EUFOR (1999-2009). Actualmente, preside EsadeGeo–Centro de EconomÃa e XeopolÃtica Global de ESADE, o Real Padroado do Museo del Prado, Aspen Institute España, e a comisión executiva do Instituto de Saúde Global Barcelona. Tamén pertence aos padroados da Fundación Bancaria La Caixa e a Fundación Telefónica.
A reunión do xurado do XXV Premio Internacional Grupo Compostela-Xunta de Galicia, estivo presidida polo secretario xeral de Universidades da Xunta de Galicia, José Alberto DÃez de Castro, en delegación del conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román RodrÃguez González. Deste xurado forman parte o secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo Suárez; o presidente do Grupo Compostela de Universidades, Marek Kręglewski; o reitor da Universidade de Santiago de Compostela (España), Antonio López DÃaz; a reitora da Universidade Jaume I, Eva Alcón Soler e o doutor Dermot McCluskey, actuando en delegación do reitor da Universidade Anáhuac Xalapa (México), Luis Linares Romero.