Amin Maalouf gaña o XIII Premio Internacional do Grupo Compostela

O xurado decidiu outorgarlle o galardón por unanimidade

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Escritor e xornalista, Amin Maalouf (Beirut, 1949) acaba de sumar un novo galardón. Trátase do XIII Premio Internacional do Grupo Compostela-Xunta de Galicia. Un premio que ten unha dotación económica de 6.000 euros e unha medalla de ouro conmemorativa. O xurado deste grupo, composto por diferentes personalidades entre as que figuran Laura Sánchez Piñón, conselleira de Educación, decidiu concederlle o premio por unanimidade. O galardón recoñece a persoas ou institucións que destaquen polo seu labor en prol da unidade europea ou a preservación do patrimonio cultural do noso continente.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ouro, Educación, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela

Claves

Entidades
Conceptos