A académica MarÃa Pilar Alonso Abad foi galardoada co XXII Premio Internacional Grupo Compostela–Xunta de Galicia, segundo anunciou hoxe a USC. A candidatura, presentada pola Universidade de Burgos, contou co apoio de máis de trinta institucións e universidades, coma o Consello Superior de Investigacións CientÃficas, a Junta de Castilla y Y León, Patrimonio Nacional e a Asociación de Municipios do Camiño de Santiago. O premio foi concedido a Alonso Abad "pola súa contribución á difusión dos valores do Camiño de Santiago na súa faceta de conferenciante e as súas singulares investigacións sobre o seu patrimonio cultural". A premiada recibirá 6.000 euros. O Premio Internacional Grupo Compostela-Xunta de Galicia, desde a súa creación en 1997, galardoou a persoas e institucións senlleiras procedentes de diferentes eidos. En edicións anteriores o premio recoñeceu o labor de persoeiros como Jacques Santer (1997), Vaclav Havel (1998), Mohamed AlBaradei (2010), o Colexio de Europa (2012) e Marcelino Oreja Aguirre (2017).