George Greenia recibe o Premio Internacional Grupo Compostela - Xunta de Galicia

Doará o montante económico a unha institución de estudos de peregrinacións

23/5/2019 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: patrimonio
10 lecturas | Compartido 0 veces
O estadounidense George Greenia foi o merecedor do XXIII Premio Internacional Grupo Compostela - Xunta de Galicia, que concede o Grupo Compostela de Universidades a persoeiros que se distingan pola súa labor a prol do camiño de Santiago. Greenia é fundador do Instituto de Estudos das Peregriancións da institución de educación superior William & Mary, en Virxinia (Estados Unidos), e medievalista vinculado a Galicia a través da súa participación en comités de diferentes revistas de investigación. Greenia anunciou que doará a contía económica do galardón ao Instituto de Estudos das Peregrinacións que el fundou. O centro está centrado na “investigación científica das viaxes de transformación persoal en todo territorio, tempo e tradición”.

Universo culturagalega.gal

Contextos