Unha escultura lembra en Forcarei o legado de Chano Piñeiro

O cineasta nacera nesta vila pontevedresa

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Inauguración da estatua dedicada a Chano Piñeiro. Foto: Deputación de Pontevedra

Inauguración da estatua dedicada a Chano Piñeiro. Foto: Deputación de Pontevedra

Forcarei acolleu hoxe a inauguración dunha escultura dedicada ao cineasta Chano Piñeiro, un dos pioneiros do cinema galego moderno, nacido nesta vila en 1954 e morto en Vigo en 1995. A escultura, realizada pola Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra, representa unha bobina e filme dunha película, en recordo das súas producións máis coñecidas: a curtametraxe Mamasunción e o filme Sempre Xonxa. No acto participou a súa viúva, Mari Luz Montes, a actriz Uxía Blanco, protagonista de Sempre Xonxa e secretaría da Xunta Directiva da Academia Galega do Audiovisual, xunto coa presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e Verónica Pichel, alcaldesa de Forcarei.

Que che parece esta nova?
111 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Forcarei, Cine, Chano Piñeiro, Deputación de Pontevedra...