Premio no certame internacional de Almagro para o 'Quixote' de Pedras de Cartón

A proposta de comedia mímica sobre a obra de Cervantes acadou a unanimidade do xurado

A proposta de comedia mímica sobre a obra de Cervantes acadou a unanimidade do xurado
Momento da obra
A compañía Pedras de Cartón volve do Festival internacionald e Teatro Clásico de Almagro triunfadora tras gañar o Xº Certamen Internacional Barroco Infantil do festival co espectáculo Quijote. O xurado decantouse por esta adaptación que a compañía galega fai da coñecida obra de Cervantes, que consegue achegala ao público familiar e da que valorou "o enxeño da mímica para sacar un sorriso" sen o uso da palabra. A conformación do xurado incluía a unha xornalista e á coordinadora de programación do festival, ademais de a tres nenas, Irene Rodríguez, Blanca Domínguez e Laura Arroyo. Elas elixiron por unanimidade esta obra da que tamén valoraron "a orixinalidade da música do espectáculo, perfectamente ensamblada coa historia e os personaxes", así como "a mestría e oficio dos actores para conectar co público baio a acertada batuta da directora de escena".



Quijote é unha versión da obra cervantina feita por Juan Rodríguez e dirixida por Laura Sarasola que conta con Pablo Sánchez para dar vida a Sancho Panza e o propio Juan Rodríguez para representar a Don Quixote. A proposta en clave de comedia e case sen o uso de palabras traballa cunha estética semellante ás películas de pallasos de Fellini. É o segundo espectáculo da compañía Pedras de Cartón, tras Lázaro de Tormes. A obra representarase outra vez hoxe no Teatro Municipal de Almagro.