Facémonos escoitar? Mapa sonoro da memoria colectiva lucense vinculada á realidade LGTBIQA+ é o tÃtulo do proxecto que presenta este 28 de xuño, DÃa do Orgullo, a Deputación de Lugo. Da man do Colectivo Agrocuir da Ulloa e da cooperativa Indaga, a iniciativa dá a coñecer medio cento de testemuños que recollen desde vivencias persoais ata fitos do movemento na provincia. O mapa, que se complementa cunha exposición itinerante e un roteiro guiado, súmase ás múltiples propostas arredor da memoria destes colectivos que se están a desenvolver por todo o paÃs.
Desde a mañá deste 28 de xuño está na rede Facémonos escoitar? Mapa sonoro da memoria colectiva lucense vinculada á realidade LGTBIQA+. A iniciativa, que executaron o Colectivo Agrocuir da Ulloa e a cooperativa Indaga, foi promovido pola Rede MuseÃstica Provincial de Lugo a través da Vicepresidencia da Deputación. A presentación oficial da iniciativa desenvólvese na tarde do propio dÃa 28 no xardÃn do Museo Provincial de Lugo. Segundo explica a Rede MuseÃstica na presentación do mapa "esta proposta representa unha boa oportunidade para recuperar lembranzas da poboación, do tecido social e das institucións da provincia de Lugo no eido LGTBIQA+, contribuÃndo á necesaria celebración dos avances logrados na historia recente da provincia, e servindo tamén para identificar os obstáculos e retos aÃnda presentes". Adrián e Raquel, do Colectivo Agrocuir e da cooperativa Indaga, explican que a proposta xurdiu da propia Rede MuseÃstica, pero foron estas entidades as que apostaron polo formato mapa sonoro. "Fixemos a proposta de levar a cabo un chamamento provincial para a recollida de testemuñas orais, a través de audios de voz, nos que se transmitisen vivencias, lembranzas, anécdotas e experiencias acaecidas ao longo do territorio lucense e vinculadas á temática LGTBIQA+".
Medio cento de vivencias
Unha convocatoria aberta acabou por compilar, ao longo do último mes de xuño, medio cento de fragmentos sonoros "de persoas que ao longo das súas vidas viviron, presenciaron, sufriron ou celebraron momentos, afectos e vivencias que hoxe en dÃa constrúen a realidade LGTBIQA+ da provincia de Lugo e que nos sitúan nun determinado punto do camiño no avance cara á construción de sociedades nas que pague a pena vivir", explican desde a coordinación. Dentro dos materiais que se poden atopar no mapa, as responsables sinalan que "o mais destacado, importante e interesante é a variedade existente tanto nas temáticas sobre as que versan os testemuños, como no tipo de persoas que participan". Deste xeito, no proxecto pódense coñecer "testemuños relatando despertares sexuais, momentos fundacionais do activismo, experiencias vividas nos centros educativos, lembranzas sobre os primeiros amores, historias cotiás que acontecen en lugares coma un supermercado de GuntÃn (unha historia sobre unha caixeira lesbiana e unha muller maior á que axudou a cargar a súa compra), relatos sobre pubs de Burela, Chantada ou Palas de Rei que foron lugares onde se xuntaba xente moi diversa nos 80 e 90, vivencias familiares como o dunha nai contando o proceso de transición da súa filla trans ou unha parella de nais contando un caso de homofobia institucional sufrido durante os seu proceso de reprodución asistida".
A conexión sonora
A explicar a aposta por este formato, Adrián e Raquel apunta que "o formato sonoro permite acceder dun xeito amable, empático e achegado, ás vivencias e aos relatos persoais como elementos de construción da historia colectiva. Estamos habituadas a acceder á información sobre un tema calquera a través da historia oficial, de bibliografÃa temática especÃfica, de internet ou de enciclopedias". Con esta iniciativa "queremos construÃr o relato da historia LGTBIQA+ da provincia en primeira persoa, a través das voces da poboación. Xa temos a historia oficial escrita e transmitida a través de numerosos formatos. Agora queremos facer o noso propio relato a través das nosas propias vivencias, sen intermediación e achegando como valor adicional a calidez e a empatÃa que despertan as voces en primeira persoa". AsÃ, destacan como vantaxe dos testemuños sonoros que "permiten conectar coa memoria dende a emoción. Precisamos emocionarnos para sermos capaces de activarnos como cidadanÃa crÃtica e construÃr outros relatos e futuros que nos permitan construÃr sociedades dignas, diversas e alegres".
Arredor do mapa
O mapa é unha das tres propostas coas que a Deputación de Lugo conmemora o DÃa Internacional do Orgullo este 28 de xuño. Canda ao mesmo, desenvólvese na tarde da xornada un roteiro pola memoria LGTBIQA+ da cidade de Lugo. "Propoñemos un paseo por diferentes espazos da cidade, algúns deles xa inexistentes ou transformados, significativos para a historia e a memoria LGTBIQA" explican desde a coordinación do proxecto. A proposta aproveita material do mapa sonoro para unha viaxe "que nos levará dende os teatros do Lugo de finais do século XIX ata as rúas do actual Lugo". Deste xeito, segundo explica o colectivo Agrocuir "viaxaremos a 1899, cando sabemos que tiveron lugar os primeiros espectáculos de transformismo, que converteron cafés, salas e teatros da cidade de Lugo en espazos para transgredir o xénero. Transitaremos tamén polas últimas décadas, a través de obras artÃsticas como Un momento que dura años", de Roberto González Fernández (1983), "de momentos fundacionais do activismo LGTBIQA+ da cidade, como é o caso da creación en 2011 do colectivo ALAS Lugo, e dos espazos nocturnos do ambiente da capital, cun papel fundamental na naturalización da diversidade sexual e de xénero". Canda a isto, unha selección de 11 voces da provincia de Lugo compoñen a exposición itinerante Facémonos escoitar?, que durante o mes de xullo percorrerá os municipios de Friol, Cervo, Monforte, Lugo e Monterroso. Na mesma preséntanse "vivencias acaecidas en diferentes lugares da provincia e relacionadas coa asexualidade, a transexualidade, as familias monomarentais, a literatura infantil sobre diversidade sexual ou a disidencia sexual na Galiza das primeiras décadas do século XX".
Colleitar voces
Desde o colectivo aseguran estar "moi emocionadxs e abraiadas coa boa acollida que está tendo esta iniciativa. Dende o primeiro momento comezamos a recibir mensaxes de persoas que nos recomendaban investigar acontecementos da historia recente da provincia vinculadas á temática LGTBIQA+, ou que nos daban contactos de persoas coas que falar". De xeito paralelo á recollida sonora "emprendemos un labor de investigación e recompilación de noticias vinculadas ao tema aparecidas en prensa durante os últimos anos, que nos deu pé a preguntar a través das nosas redes sociais se habÃa xente que puido presenciar, vivir ou participar en diversos momentos significativos para a historia do movemento na provincia e sobre os que nos interesaba recibir testemuños". Coa intención de retratar algúns dos momentos e personalidades cruciais desta historia "xa no comezo do proxecto iniciamos o contacto cunha serie de persoas que para nós son referentes no eido LGTBIQA+ da provincia de Lugo e que tiñamos claro que debÃan facer a súa achega a esta construción colectiva".
A continuidade pendente
O proxecto marca un fito na recuperación desta memoria nun territorio a nivel provincial. "Pensamos que esta iniciativa é bastante pioneira na provincia de Lugo, onde non temos constancia de ningún proxecto similar levado a cabo previamente" explican as persoas responsables. Malia ao avance que supón "queda moito traballo por facer ao respecto e os procesos de recuperación da memoria son procesos lentos que cómpre facer con coidado, esmero e moito respecto polas persoas, polo que requiren estratexias, marcos e recursos que permitan afrontar a recuperación da memoria a longo prazo". Deste xeito o colectivo sinala a súa aspiración a que a proposta teña continuidade no tempo. "EncantarÃanos que este proxecto poida ter continuidade temporal e expansión territorial ao resto de provincias galegas. É unha iniciativa con moito potencial para emprender novas accións e formatos vinculados á recuperación da memoria LGTBIQA+".
Máis memorias
A vaga de proxectos centrados na recuperación da memoria destes movementos é unha tendencia clara para o colectivo Agrocuir. Este interese está a se desenvolver "tanto a nivel estatal como a nivel especÃfico do territorio galego. Seguramente a declaración en 2019, por parte da Federación Estatal de Lesbianas, Gais, Transexuais e Bisexuais (FELGTB), como o ano temático das persoas maiores LGTBI, co lema "Maiores sen armarios: ¡historia, loita e memoria!" ten algo que ver neste aumento de interese na recuperación da memoria". E lembran como as xornadas Memorias Diversas da Deputación da Coruña, puxeron sobre a mesa propostas como o documental Tomás Fábregas. Fighting Barriers "que recuperan a memoria de persoas referentes para a historia LGTBIQA+ galega" ou o libro Memoria Diversa, de Eva Mejuto "que recollen conversas e entrevistas con activistas maiores do territorio galego", ademais de "investigacións históricas coma a que está levando a cabo na actualidade Daniela Ferrández, centrada na disidencia sexual no século XX". Non cabe dúbida de que, alén do DÃa do Orgullo, seguiremos a ver novas propostas arredor deste ámbito nos vindeiros meses.