Co verán oficialmente comezado chegan máis novidades sobre a oferta musical, que está decidida a non deixar pasar as oportunidades da estación e das posibilidades actuais de reunión de públicos. Así Puidemos saber estes días de moitas citas habituais que volven á nosa axenda, algunhas polo de agora só presentan datas mentres que outras avanzan xa carteis artísticos ou mesmo os completan. No relativo aos formatos hai desde os festivais de sempre ata ciclos ou programacións expandidas no tempo. Para todos os gustos de quen queira pasar un verán musical.
Sinsal volve a San Simón
Unha das confirmacións máis agardadas chegou coas primeiras horas do verán. A Illa de San Simón acollerá de novo o Festival Sinsal SON Estrella Galicia do 23 ao 25 de xullo, para achegar ao público a súa selección de artistas estimulantes e vangardistas do momento. Logo dunha edición de resistencia, celebrada no litoral, neste 2021 o Festival Sinsal SON Estrella Galicia regresa á illa e, con esta volta, regresa a súa propia esencia como evento: tres xornadas de música e contacto coa natureza, con propostas singulares e contemporáneas, directos suxestivos e a illa como cabeza de cartel dun line up que é secreto ata que o público desembarca en San Simón, tal e como é tradición dun festival con seguidores fieis e confiados na selección da organización. Músicas de vangarda e de raíz, manifestacións urbanas e sonoridades modernas ou con influencias electrónicas conforman a paisaxe sonora que propón este ano. O cartel secreto do Sinsal Esencial non será a única sorpresa para o público que se achegue. Este ano, cada banda e artista participante ofrecerá un único concerto nesta edición, polo que o programa de cada día será completamente diferente ao anterior. As entradas de SinSal SON Estrella Galicia sairán á venda nos primeiros días do mes de xullo a través da plataforma Enterticket. O público poderá adquirir os seus billetes para cada xornada de concertos de xeito individual, sen posibilidade de adquirir abono.
Riazor aposta ao grande
O estadio coruñés de Riazor será a sede dun ciclo de concertos patrocinados por ABanca neste espazo deportivo que levaba 28 anos sen acoller ningún concerto. A súa amplitude e posibilidades convérteo agora nun valor seguro para a volta de grandes concertos e serán seis as citas que Terán lugar no recinto deportivo entre o 18 de xullo e o 5 de agosto. Nicky Jam abrirá o ciclo o 18 xullo, Carlos Rivera (21 xullo), Duki/Funzo & Baby Loud (22 xullo), Iván Ferreiro porá a representación galega actuando o mesmo día que Viva Suecia (3 agosto), Hombres G (4 agosto) e Kase.O (5 agosto) compoñen o cartel completo do Abanca Riazor Live presentado hoxe mesmo. O estadio poderá a acoller ata 4.000 persoas nestes concertos, para público sentado nas gradas e repartido en catro diferentes espazos de 1.000 persoas cada un. As entradas sairán á venta o 29 de xuño en Riazorlive.com con prezos de entre 25 e 45 euros.
Solpores da Estrada
Non por máis íntimo é menos ambicioso o programa que ofrece na Estrada (Pontevedra) a Casa do Lagoeiro. O seu ciclo Solpores no Lagoeiro de gastronomía e música é unha das alternativas culturais do verán na Galicia rural que máis intereses esperta grazas á variedade e calidade do seu cartel. Entre o 1 de xullo e o 26 de agosto a casa ofrecerá nove concertos xa confirmados con artistas galegos e do resto do Estado, que van desde o folk, o pop e o blues ata outras harmonías diferentes. Rosa Cedrón abrirá este ano o ciclo, no que tamén hai nomes como Davide Salvado, o dúo Escuchando Elefantes, Adrián Costa e a súa blues band, David Otero, Café Quijano, Bebe, La Bien querida e Alvariza para acompañara esas ceas na Casa do Lagoeiro. As entradas xa están á venda e non falamos de milleiros delas, coma en Riazor.
Ás 9 na praia
A caída do sol será tamén o momento elixido en Vilagarcía para gozar da música en directo, neste caso ben a carón do mar. O concello promove unha nova edición do ciclod e concertos 'Ás 9 na praia' que coordina o xornalista e Dj Carlos Crespo. Na primeira quincena de xullo, na praia da Conchea haberá unha cita musical cada día entre o 1 e o 14 de xullo, música para gozar entre as 21.00 ata as 00.30 horas. As citas alternarán concertos en directo con sesións de dj's e será de balde e por orde de chegada ata completar aforo. Uxía abrirá este ano o ciclo no primeiro de xullo, e por el tamén pasarán os directos de Zeltia e Irevire (3, de xullo), Silvia Penide (5 de xullo), Cora Velasco (7 de xullo), Carolina Rubirosa (9 de xullo), MJ Pérez, Pauliña (13 de xullo) e Ronsel, pechando o ciclo o día 14.
De pazo en pazo
Os concertos no Pazo de Cea eran xa unha das programacións pre-pandemia consolidadas. Agora a cita amplíase e espállase por outras localizacións, todas elas pazos, do mesmo concello. Ademais do de Cea, os pazos de Urzaiz e A Touza acollerán desde finais de xullo 'Espazo Fest', un ciclo de concertos con artistas do panorama nacional que se celebrará ao longo do mes de agosto e que, polo de agora xa presenta seis actuacións confirmadas: Taburete, Carlos Sadness, Iván Ferreiro, Marlango, Coque Malla e MClan. Os concertos nos pazos reunirán ata 1.000 persoas sentadas.