Edgar Costas Sanmartín faise co IV Premio Vidal Bolaño de Teatro

A obra Casa de feras aborda o tema do maltrato animal e as relacións de poder

25/6/2021 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculosliteratura
3 lecturas | Compartido 0 veces

Edgar Costas Sanmartín

Unha historia ambientada no zoolóxico do Parque do Retiro de Madrid gañou o IV Premio Roberto Vidal Bolaño de Teatro 2021, que foi entregado hoxe no Porriño a Edgar Costas Sanmartín. O xurado salientou de Casa de feras "a orixinalidade do tratamento dramatúrxico do xénero da fábula, as posibilidades escénicas que presenta ao ser un texto con moitos personaxes que permiten o seu traballo con grupos amplos de alumnado e as distintas temáticas abordadas que van dende o maltrato animal, ás relacións de poder e a liberdade". O galardón consta de 2000 euros e a publicación da obra. O premio foi convocado polo concello do Porriño, a Editorial Galaxia e o Equipo de Dinamización Lingüística do IES Ribeira do Louro para "animar á escritura de pezas teatrais dixirdas ao público novo".

Universo culturagalega.gal