A xornalista Ana Abad de Larriva gaña o IIº Premio Roberto Vidal Bolaño de escrita teatral

A obra 'A sombra das árbores' impúxose entre os 14 orixinais presentados

| Santiago. Redacción | Seccións: TeatroLinguaLiteratura
Compartir:
A xornalista Ana Abad de Larriva  gaña o IIº Premio Roberto Vidal Bolaño de escrita teatral

A obra A sombra das árbores da xornalista Ana Abad de Larriva impúxose aos 14 orixinais presentados nesta segunda edición do II Premio Roberto Vidal Bolaño de escrita teatral. O Premio Roberto Vidal Bolaño, nacido neste o pasado 2018, está convocado polo Concello do Porriño, a Editorial Galaxia e o Equipo de Dinamización Lingüística do IES Ribeira do Louro, e ten como finalidade animar á escrita de pezas teatrais dirixidas ao público mozo, é dicir, ao alumnado da ESO e Bacharelato. O galardón, dotado con 2000 euros, inclúe a publicación da obra por parte de Galaxia na súa colección Costa Oeste. O xurado destacou que A sombra das árbores é unha proposta teatral de corpo poético onde movemento e palabra cobran especial importancia. Preséntase como unha peza teatral aberta onde a dirección, xunto co grupo de actrices e actores, construirá desde ese non lugar un escenario simbólico poboado por un bosque de sombras que é o espazo que habitamos. O acto de entrega do galardón terá lugar no IES Ribeira do Louro, o vindeiro sábado 29 de xuño ás 19:00h.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Roberto Vidal Bolaño, Ana Abad de Larriva, Bacharelato, ESO...