Cultura licita a escavación e posta en valor da Torre da Pena

O importe chega aos 250.000 euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Torre da Pena. Foto: Concello de Xinzo de Limia

Torre da Pena. Foto: Concello de Xinzo de Limia

Tras as intervencións arqueolóxicas de 2017, a Consellería de Cultura publicou onte no DOG o procedemento de licitación para a "escavación, consolidación e acondicionamento do castelo da Pena", en Xinzo de Limia (Ourense). Esta torre medieval, que preserva un perfil característico no horizonte visible desde todo o val da Limia, vai ser obxecto de excavacións arqueolóxicas, consolidación da torre e da muralla que rodea a fortificación e que está, en gran medida, chea de maleza. As accións licitadas implican a restauración, escavación, sinalética e mesmo a realización dun documental.

Que che parece esta nova?
61 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Arqueoloxías de outono

Arqueoloxías de outono

Consolidacións e investigación nas últimas campañas en sitios arqueolóxicos galegos

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Torre, Castelo, Documental, Consellería de Cultura...