A Xunta inviste 150.000 euros en restaurar dúas torres medievais na Limia

Licita obras na Torre do Castro, en Sandiás, e na de Fírbeda ou da Forxa, na Porqueira

28/5/2020 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Dúas das torres que forman parte do complexo medieval defensivo da comarca da Limia sufrirán obras de restauración por valor de 160.000 euros. A Consellería de Cultura anunciaba este 27 de maio a licitación dos traballos para "avaliar as posibles deficiencias, corrixir as patoloxías existentes e mellorar o estado de conservación" da Torre do Castro, en Sandiás, e na de Fírbeda ou da Forxa, na Porqueira, dous monumentos que contan con declaración de Ben de Interese Cultural.

De xeito máis específico, a Consellaría apunta que "no caso concreto da Torre do Castro as actuacións contan cun orzamento de 80.000 euros e centraranse no estado actual da cuberta onde é preciso intervir co obxectivo de que este ben poida ser empregado como recurso para o desenvolvemento sostible a promoción socio cultural, laboral e económica da zona", mentres a Torre de Fírbeda ou da Forxa "presenta patoloxías tanto na cuberta como na carpintería ou nas instalacións que fan necesario que se leven a cabo traballos por un importe de preto de 77.000 euros".

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Torre, Limia, Ben de Interese Cultural, Consellería de Cultura

Claves

Lugares