A Coruña reinicia a posta en valor do castro de Elviña

A licitación contempla tamén servizos e equipamentos para visitantes

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
turismocoruna.com

turismocoruna.com

O Concello da Coruña acordou sacar a licitación o programa de escavación para poñer en valor os últimos descubrimentos achados na campaña de escavacións do castro de Elviña. A intención é dar prioridade á consolidación e restauración das estruturas arqueolóxicas exhumadas. O presuposto inicial co que sairán a concurso os traballos é de 824.777 euros. As novas obras programadas tamén incluirán a realización de tarefas de mantemento, conservación e restauración e ademáis, crearanse infraestruturas e servizos de acollida a visitantes.

Dende o Concello destacan que o novo plan “non só permitirá concluír traballos de escavación en áreas que se encontran actualmente abertas e a súa contextualización arqueolóxica, senón que tamén buscará afianzar o depósito como conxunto estrutural coherente e, polo tanto, atractivo para o público”.

Que che parece esta nova?
66 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Elviña, Concello da Coruña

Claves