
Na programación para este ano destaca a escolla de Susana Pedreira e de Ramón Rozas para comisariar as convocatorias en español e en galego do certame, que están abertas ata o vindeiro 15 de xuño, e mais as actividades vencelladas ao mesmo.
Dentro das propostas, o Ignacio Martínez de Pisón visitará a Coruña a conmemorar os trinta anos do seu Premio Torrente e participará do xurado da modalidade en castelán do galardón. Coma el, entre os meses de xuño e decembro, outras persoas que recibiron no seu día un destes galardóns, tanto de Galicia como do exterior, desenvolverán diferentes actividades culturais presenciais e nas redes sociais.
Dous bookstagramers galegos, Xacobe Pato e Lorena Bembibre, divulgarán a través das súas contas as novidades sobre o galardón, a incluír sorteos para participar en encontros con autores e conversas literarias. O fallo dos premios, dotados con 12.000 en cada unha das modalidades, darase a coñecer o vindeiro 10 de decembro.