A dramaturga, actriz e poeta Lorena Conde, de Ponte Sampaio, foi recoñecida este 18 de maio co Premio de PoesÃa Cidade de Ourense na súa trixésima sexta edición. O xurado do galardón recoñeceu o seu poemario As puntas da louza. Cancioneiro popular de labor entre os 26 traballos presentados ao certame e a autora recibirá 6.000 euros en metálico e verá a súa obra publicada.
O fallo destaca da obra "a súa calidade lingüÃstica e estética coidada, asà como a coherencia no discurso que soubo visibilizar a inspiración nas formas tradicionais da música tradicional e relixión, reformulándoas dunha maneira transgresora. Voz poética que amplÃa o imaxinario falando desde a subalternalidade, introduce na poesÃa galega o problema das mulleres obreiras. Coloca os coidados no centro facendo unha lectura contemporánea da dificultade da conciliación. En definitiva, unha poesÃa que conmove e non deixa indiferente"
O xurado estivo formado por César Lorenzo Gil, Edelmiro Vázquez Naval, Charo Lopes, Mónica Fernández Valencia como secretaria con voz e sen voto, e actuando como presidente, o xefe de Sección de Cultura, Manuel Freire Cid. O concello ten aberto ata o vindeiro 4 de xuño o prazo para presentar obras á edición número 37.