Con As puntas da Louza. Cancioneiro popular de labor Lorena Conde ven de resultar gañadora da 36ª edición do Premio de PoesÃa Cidade de Ourense, que convoca o Concello. O certame premia o mellor traballo inédito e orixinal escrito en lingua galega ou portuguesa. Está dotado cun premio de 6.000€ e a publicación da obra gañadora. O xurado formado por Cesar Lorenzo (crÃtico literario), Edelmiro Vázquez (poeta ourensán) e Charo Lopes, gañadora de edición pasada, destacou a "calidade lingüÃstica e a estética coidada" da obra, asà como “a coherencia no discurso que soubo visibilizar a inspiración nas formas tradicionais da música tradicional e relixión, reformulándoas dunha maneira transgresora”. Subliña tamén a voz poética "que amplÃa o imaxinario falando desde a subalternalidade, introduce na poesÃa galega o problema das mulleres obreiras e coloca os coidados no centro facendo unha lectura contemporánea da dificultade da conciliación. En definitiva, unha poesÃa que conmove e non deixa indiferente", segundo a comunicación do Concello de Ourense. A escritora de Pontesampaio (Pontevedra) Lorena Conde remata asà o mes de setembro acadando un segundo galardón tras ter gañado o III Premio MarÃa Victoria Moreno de relato.