Catro Ventos trae ao galego a BD A froita do coñecemento

O recoñecido traballo de Liv Strömquist aborda a historia dos xenitais femininos e a súa estigmatización

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Catro Ventos trae ao galego a BD A froita do coñecemento

Un repaso histórico pola percepción que a sociedade tivo da vulva, o clítoris e a menstruación ao longo da historia. Esta é a base de A froita do coñecemento, banda deseñada de grande éxito internacional que realizou a autora sueca Liv Strömquist e que chega agora ao galego da man da editora Catro Ventos. O volume desenvolve, con moito humor e retranca, un ensaio debuxado no que expón ademais "os mecanismos de estimagtización, politización e patoxilización dos xenitais das mulleres, e o efecto devastador que isto tivo na súa sexualidade".

Cun total de 144 páxinas en branco e negro, A froita do coñecemento trata temas como "o sistema sexual binario, as intervencións cirúrxicas en bebés intersexo, o clítoris e os orgasmos vaxinal e clitorídeo" así como un capítulo específico dedicado á menstruación e á construción do noxo. A obra, publicada orixinalmente en 2014 viu edicións desde o seu lanzamento en holandés, dinamarqués, finlandés, alemán, inglés, ruso, español, italiano, búlgaro, esloveno ou ucraniano.

Que che parece esta nova?
82 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Humor, Retranca, Ensaio, Banda deseñada...