A comarca de Ferrolterra achégase á BD cun obradoiro e dúas exposicións

Cadriños de Ferrolterra

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:

O Museo de Humor de Fene desenvolve un curso de cómic até o 13 de maio. Ao longo de 52 horas os alumnos achegaranse ao mundo e aos mecanismos narrativos da banda deseñada: Viñetas, planos, encadres, argumentos, montaxes, técnicas. Tamén coñecerán a historia, as publicacións e os distintos formatos de edición. Ademais, até o 31 de xaneiro, poderase visitar a exposición "Ler cómics ten a súa ciencia" na que as aventuras de Tintín, Supermán, Batmán, Mortadelo e Mafalda dan pé á explicación de cuestións científicas. Outra mostra, estoutra na cidade de Ferrol, expón obras de ilustración e BD do debuxante Paco Oti. Permanecerá aberta até o 28 de xaneiro no Ateneo Ferrolán, na rúa da Madalena 202-204, primeiro andar. Pódese ver os días laborábeis de 11 a 13:30 e de 17 a 21 horas e os sábados de 10:30 a 13:30.

Paco Oti en BD | O soportal de Banda Deseñada

Que che parece esta nova?
90 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ferrolterra, Cómic, Banda deseñada, Exposicións...