As penas con pan son menos, e este ano sen Resurrection Fest buscará a esa compensación desde hoxe coa estrea e difusión do documental "Resurrection Fest: la historia (2006-2020)" que se estrea en aberto na canle de YouTube do festival, tras o paso polo Resurrection Fest Online o pasado ano . Grazas a este audiovisual de 75 minutos de duración dáse a coñecer toda a historia deste multitudinario e internacional evento da música rock, desde como se creou ata un percorrido por cada unha das quince edicións do festival de Viveiro, incluÃndo declaracións de moitos dos artistas de fama mudial que pasaron polos seus escenarios. Qunce anos de paixon polo rock and roll e unha pequena miragre desde unha pequena vila galega atraendo as miradas de todo o mundo. O audiovisual está xa dispoñible na canle desde hoxe, xoves ás 22:00 horas.