
Deste xeito, o estudo da RAG sinala que o "dominio parello dos dous idiomas está, de feito, relacionado cun perfil de estudante que ten a lingua galega presente na súa vida cotiá, dende a familia ata a escola". Para alén da lingua habitual, o Seminario de SociolingüÃstica sinala que o tipo de centro de ensino incide nas capacidades do alumnado na nosa lingua "os centennials dos institutos públicos rematan a ESO cunha competencia semellante en ambas as linguas, en contraste co que acontece na rede privada, onde se gradúan cun dominio bastante máis deficiente en galego ca en castelán", explica a entidade.
Segundo os datos recollidos neste estudo, "case o 44 % dos preto de 600 estudantes de 26 centros de secundaria participantes na mostra sinalaron que tiñan tanto o galego como o castelán por lingua inicial, o 36,1% indicou o castelán e, nunha proporción menor, o 18,1% sinalou o galego. En canto á lingua de uso maioritario, case o 70% respondeu que fala única ou preferentemente o castelán, mentres que só fai un uso similar do galego o 30%".
O presidente da RAG, VÃctor F. Freixanes destacou que a análise evidencia a importancia da escola para a adquisición das competencias escritas e o coñecemento do código, mentres que a lingua familiar se revela como o contexto de maior importancia para o desenvolvemento da oralidade. "Se os obxectivos estratéxicos da educación obrigatoria contemplan que se logre unha competencia plena nos dous idiomas oficiais, galego e castelán, a realidade evidencia unha situación que non podemos aceptar", expresou.
Nese mesmo labor, reivindicou que "a Real Academia Galega considera prioritaria unha polÃtica activa de coñecemento, promoción e dignificación da lingua galega nos segmentos máis novos da nosa poboación, que son o futuro. Coidamos que é necesario unha revisión a fondo da actual polÃtica educativa verbo da lingua galega nos centros públicos e privados e desenvolver iniciativas para potenciar o uso do galego fóra das aulas", salientou. "Non podemos aceptar a situación actual, que conduce na práctica a un abandono progresivo do galego".