A Área de Cultura do Concello da Coruña pasa estes días por un proceso de remuda na súa dirección ante a dimisión de Rómulo Sanjurjo como director, tras un período de menos de seis meses á fronte do departamento local, adscrito á alcaldía toda vez que o concello non conta cunha concellería propia da área. O músico e xestor cultural será relevado no cargo por Bettina Kolhaas (León, 1972) que deixa a dirección do Teatro Colón para atender as novas responsabilidades.
Segundo apunta o xornal La Opinión A Coruña, Sanjurjo deixa o cargo no Concello por "motivos persoais e profesionais". A súa chegada ao posto, celebrada desde o sector, estaba marcada pola necesidade de reactivar na cidade o sector cultural, duramente danado polas restricións pandémicas, unha reactivación que aínda queda lonxe de ser un feito a día de hoxe. O xornal La Opinión Coruña, apunta a situacións de discrepancia dentro da área de cultura nestes últimos tempos coma un posible detonante da decisión do músico. Kolhaas, ademais de no Teatro Colón, pasou antes pola xestión do Fórum Metropolitano e a dirección da área de cultura da Fundación Barrié de la Maza, ademais de xestionar a comunicación da Orquestra Sinfónica de Galicia. A situación deixa agora pendente de dirección o propio Teatro Colón.