A Fundación para o Desenvolvemento Humano e Social de Galicia (Fundehsga) presentaba este 7 de abril o programa formativo Cultura galega e emigración, que aborda "o mapeado cultural galego na emigración con todo o que este lles achegou tanto aos paÃses de acollida como a Galicia". O proxecto está orientado fundamentalmente á galeguidade no exterior e aborda, mediante tres cursos "a Historia e Sociedade na Galicia da Diáspora; o Idioma e Escrita Galega na Diáspora; as Artes na Diáspora Galega; o Camiño e os camiños de Galicia no Mundo e mais a Galicia Diversa: Outras Realidades da Cultura Galega Actual".