"A educación artística non só é un medio para facer fronte á situación de crise, senón que tamén contribúe ao benestar e a mellora dos resultados da aprendizaxe. É un catalizador do desenvolvemento social e económico e un elemento importante para espertar talentos que son esenciais para manter e renovar a creación artística, asegurando a sostibilidade do sector creativo". Deste xeito expresábase a directora xeral da UNESCO, Audrey Azulay nun comunicado con motivo da Semana Internacional da Educación Artística a finais de maio do 2020. A representante da Organización das Nacións Unidas para a Educación a Ciencia e a Cultura facía referencia nese momento ao "incrible poder da creatividade humana" do que estabamos a ser testemuñas ante a alerta pandémica que tiña a medio planeta confinado e a todo o orbe en sumido nunha traxedia sen precedentes. "A creatividade xera a resistencia que precisamos en tempos de crise", sostiña a directora da UNESCO afirmando rotunda: "A educación é o punto de partida".
Son moitas as correntes que desde a pedagoxía e a psicoloxía defenden que hoxe en día o individuo aprende usando ademais da razón, a emoción. Evidentemente a educación artística é unha área que recolle diferentes xeitos de expresión que inclúen as artes plásticas e audiovisuais, a literaria, a musical, a danza e expresión corporal e a arte dramática. Estas tres últimas considéranse en conxunto artes escénicas toda vez que se realizan ante público sobre un escenario ou un espazo semellante. Pero mentres que en maior ou menor medida as artes plásticas, a literatura e a música, forman parte dos deseños curriculares desde primaria dun xeito máis normalizado, son as artes escénicas as que non atopan axeitadamente o seu sitio dentro dos percorridos curriculares.
Paradóxicamente o teatro está considerado unha linguaxe total que inclúe un proceso literario, a elaboración dun libreto e a necesaria comprensión do texto; un proceso plástico, no deseño dunha escenografía; pode incluír un traballo musical e de expresión corporal e danza, como é o caso dos espectáculos musicais ou con partes musicadas e finalmente inclúe a parte da dramatización, a propia interpretación e interacción entre intérpretes. O seu enorme potencial pedagóxico xa sexa como ferramenta transversal para achegarse aos contidos de outras materias coma para desenvolver nos individuos habilidades de comunicación, expresión e estimular a creatividade.
Tirando de voluntarismo
No IES de Brión (A Coruña) Loly Santos Álvarez, profesora de música, aproveitaba as mañás dos días non lectivos previos á Semana Santa para ensaiar unha obra musical con estudantes do centro. Ela e a súa filla, Ariadna, que tamén se dedica á docencia, levan máis de dez anos organizando esta actividade extraescolar, estes últimos dous anos en Brión pero antes diso en Rois, no CPI dos Dices, onde estivo destinada previamente. Nese anterior centro de estudios, a través da compañía escolar Teatro do Porviso, levaba a organización dunha obra musical cada ano, que chegara a acadar a categoría de tradición do centro, ata tal punto que para os estudantes era unha cuestión de prestixio social entrar a formar parte da montaxe e cada ano recibían ducias de voluntarios na convocatoria. "Algúns logo dábanse de baixa, pero inicialmente sempre había moitos apuntados", di Loly ademais de asegurar que non hai un "perfil concreto" entre a xente que se apunta a estas actividades: "podes sorprenderte moito".
Ela e a súa filla preparan toda a montaxe, adaptan música e letra, escriben dramaturxias, preparan coreografías e escenografías, organizan horarios e solicitan permisos para os usos das infraestruturas e equipamentos. O obxectivo é rematar cada ano con alomenos unha representación ante público, "é o que lle dá sentido e satisfacción ao esforzo dos chavales", recoñece Loly. Procuran ademais que non se quede nunha única representación e levala a onde poidan, participar en festivais entre centros ou mesmo ir como invitados a certames de teatro escolar cruzando a fronteira portuguesa. Absolutamente todo depende da súa disposición e voluntariedade, xa que se trata dunha actividade completamente extraescolar para a que precisan canda menos da colaboración da dirección de cada centro e das AMPAS, pero non existen programas de apoio concretos para estas actividades dentro da oferta da administración educativa da Xunta de Galicia.
Para ir conseguindo o equipamento técnico preciso para sacar adiante cada ano as montaxes e ir avanzando na calidade da proposta, Loly Santos Álvarez e a súa filla tiveron que ir adheríndose a algunha das nove modalidades dos Contratos-Programa da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, pensados para proporcionarlles aos centros docentes públicos unha estratexia de mellora da calidade do ensino. Ningunha delas contempla a actividade cultural ou a expresión creativa e artística, polo cal para conseguir micrófonos, mesa de son e outros materiais necesarios para os espectáculos de canto e baile houbo de recorrer a solicitar aqueles pensados para a mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia, os de promoción da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes ou de inclusión. Todo iso, conseguido xa para o centro de Rois onde comezou a actividade, ten que volver facelo desde cero agora en Brión, xa que son equipamentos para actividades que non se contemplan de non existir unha iniciativa voluntaria e desinteresada como a súa.
O reto do encaixe curricular
O director da Escola Superior de Arte Dramática (ESAD), Manuel F. Vieites, ten publicados varios escritos sobre o encaixe do teatro non contexto da educación. Vieites clasifica os fins cos que se ten usado o ensino teatral en tres eidos: "A educación para o teatro, enfocada ao exercizo profesional e co teatro coma fin mesmo do proceso. A educación no teatro, como instrumento transversal para desenvolver competencias e habilidades sociais, creativas, de traballo en equipo, o que coñecemos realmente como teatro escolar. Por último a educación polo teatro, vencellado a contidos doutras áreas como historia, xeografía, filosofía, linguas, etc; nestes casos o teatro serve para aprender sobre outras materias, coma medio circunstancial onde non é a fin en si mesma, pero axuda a lograr outras fins"*.
Dentro do horario lectivo e nos deseños curriculares, a presenza das artes escénicas é tan escasa que atopalas nos plans de estudos require mirar con lupa. Como materia específica aparece sobre o papel en 4º de ESO, como unha máis das moitas específicas entre as que se pode escoller (de estar dispoñible no centro) a competir cunha segunda lingua estranxeira, con educación Plástica, visual e Audiovisual, música ou tecnoloxía da información e comunicación entre outras. Tras esa breve e incerta posibilidade desaparece de novo e temos que ir ao segundo curso do propio Bacharelato de Artes para atopar de novo as Artes Escénicas entre tres troncais das que hai elixir dúas. A posibilidade de que ao alumnado se achegue por esa vía á explorar a súa expresión teatral é moi escasa, tanto pola pouca presenza como materia coma pola falta de apoio do Bacharelato de Artes. Segundo os últimos datos, en Galicia só se ofrece esta liña de estudos nun 12% dos institutos. En total 35 dos 284 centros de ensino secundario da rede pública e concertada ofrecen esa opción.
Manuel Vieites cre que nos tramos de educación Secundaria sería fundamental incluír unha materia optativa para a que el prefire a denominación "Expresión Dramática", que xa ve presente como ferramenta didáctica en varias áreas de educación Primaria. Para Vieites esa materia non tería tanto que ver coa capacitación a un nivel profesional, "non para actuar nun escenario, senón para actuar na vida". A "superespecialización" dos diferentes itinerarios de Bacharelatos, entre eles o de Artes, tampouco lle parece a mellor opción xa que para a capacitación laboral están tanto a propia ESAD, as universidades e centros de Formación Profesional mentres que no nivel de educación secundaria debería manexar, segundo el, unha dimensión de "construír persoas". Neste sentido tamén Loly Santos descarta a necesaria existencia dunha futura intención profesional cando se achegan ás artes escénicas nesas idades. "Nón é que se vaian a dedicar a iso no futuro. Non hai un perfil nese sentido", di Loly descartando calquera condicionante determinista da traxectoria vital nesa elección.
Para explicar a escasa implantación do bacharelato de Artes, tanto Loly coma outras fontes vencelladas ao propio ensino apuntan cara a unha desvalorización deste deseño curricular desde as propias familias, que non lle ven utilidade cara a un futuro laboral ou ao acceso universitario para o que prefiren liñas máis tradicionais de materias de corte científico ou enfocado a profesións menos arriscadas que as artísticas. O eterno bucle entre a baixa demanda e a ausencia de oferta choca co entusiasmo que atopa Loly Santos entre o alumnado á hora de presentarse voluntarios aos espectáculos que ven montando, "en Rois ás veces tiñamos ata 30 persoas apuntadas para a montaxe", sinala. Igualmente por varios lugares de Galicia organízanse encontros e certames de grupos escénicos nos centros de ensino que reúnen numerosos centros participantes e que demostran gran estabilidade e fortaleza. En Santiago e a súa área xa van máis de 25 anos celebrando o Certame de Teatro Intercentros coa cooperación do Concello que pon a disposicións as instalacións do Teatro Principal para os IES e CEIPS de toda a contorna, máis alá do termo municipal. Tamén a Mostra de Teatro do Ensino Secundario do Morrazo (Motesmo), ten unha tradición semellante de 25 anos celebrándose, neste caso cada ano é un centro o que actúa como anfitrión dos demais. Estes encontros tamén actúan como catalizadores para animar a outros, segundo confirma a propia Loly Santos. "Algúns cando ven as obras din: 'son alumnos de instituto coma nós'. Entenden que se pode facer sendo xente normal e anímanse".
A dramatización como ferramenta pedagóxica
Con todo, outro enfoque desde dentro das aulas é o uso da dramatización como ferramenta transversal pedagóxica nas diferentes materias que tamén apunta Vieites. A aprendizaxe de linguas, Historia, literatura, ética, educación física, filosofía ou outras materias son susceptibles de usar métodos de dramatización que teñen demostrado eficacia e mellora das habilidades nos suxeitos. Manuel F. Vieites concorda co valor da expresión dramática como ferramenta instrumental para o resto das materias e sinala que nese sentido a ESAD prepara para a práctica teatral "pero non para o ensino a ese nivel" e ve que hai un campo a explorar desde a Facultades de Educación para unha "acción conxunta coa propia ESAD que permitise crear unha titulación de pedagoxía teatral", reunindo ambos corpos de saber na procura dun perfil de ensinante que puidese sacar partido en calquera materia das vantaxes da expresión dramática. Nese sentido, Loly Santos apunta á inseguridades do profesorado xustamente pola súa falta de preparación nese campo, como motivo de que non se usen máis eses métodos dentro das clases nos centros de ensino. "Hai algúns interesados en usalos para a súas materias, pero non teñen claro como facelo xa que tampouco adquiriron formación teatral e non se atreven a dar o paso por medo". Para a realización da súa actividade extraescolar tanto ela como a súa filla foron aprendendo de xeito autodidacta toda esta década "co método da proba-erro", di.
As vantaxes da práctica teatral nas aulas está máis que comprobada para Loly Santos desde a súa experiencia sacando adiante espectáculos extraescolares durante unha década. Ela percibe o crecemento persoal entre as voluntarias e voluntarios que van pasando polas montaxes, incluso no que ten que ver co seu rendemento estudantil. "Se lles nota no resto de estudos", afirma,"tiven casos de alumnos difíciles academicamente, que melloraron moito no curso que participaron na actividade. Poden ser alumnos que non teñen bo encaixe no sistema e atopan nisto unha maneira de crecer, que lles proporciona habilidades que non tiñan de expresión e comunicación. Tamén fanse máis responsables". No mesmo sentido se pronuncia Vieites cando afirma: "No currículo educativo actual hai moitos obxectivos contemplados que, de non introducirse o teatro na aula nas súas múltiples variantes (teatro, dramatización, xogos de rol, improvisacións...) serían dificilmente alcanzables"**.
Ademais a estas vantaxes, que inclúen un mellor uso da expresión oral e mellor comprensión lectora e de memorización que poden beneficiar os estudantes en calquera materia, hai que engadir a da alfabetización artística e a educación coma público do futuro. O propio contacto e uso destas artes amplía neles a capacidade de apertura e comprensión do feito artístico grazas á estimulación da sensibilidade. "Cando logo os levas a unha representación para escolares, notas a diferenza de comportamento nos que están traballando na obra", asegura Loly Santos, "atenden máis e son máis respectuosos como público e tamén son máis críticos". Ademais, no seu caso ao traballar con montaxes musicais, asegura que os rapaces e rapazas adquiren un maior grao de coñecemento e cultura musical "máis alá do reggaetón".
*(Vieites, MF. La educación teatral: nuevos caminos en historia de la educación. Historia de la educación: Revista Interuniversitaria nº33 325-350)
**(Vieites, MF. Después de la LOE.Presente y futuro de la educación teatral en España en los inicios del siglo XXI. Revista Galán)

VIEITES: "O ENSINO DE EXPRESIÓN DRAMÁTICA NON TERÍA TANTO QUE VER COA CAPACITACIÓN A UN NIVEL PROFESIONAL, PARA ACTUAR NUN ESCENARIO, SENÓN PARA ACTUAR NA VIDA"

LOLY SANTOS: "ATOPAN NISTO UNHA MANEIRA DE CRECER, QUE LLES PROPORCIONA HABILIDADES QUE NON TIÑAN DE EXPRESIÓN E COMUNICACIÓN. TAMÉN FANSE MÁIS RESPONSABLES"