
                                                    
                                            A Real Academia Galega presentaba na mañá deste 5 de abril a primeira serie documental producida pola institución sobre unha figura á que a se lle dedica o DÃa das Letras. 
Xela Arias. A palabra esgazada é unha serie de seis audiovisuais con guións de MarÃa Yáñez que percorren "a traxectoria vital e as distintas facianas da autora como creadora e traballadora da cultura galega, e profunda tamén no seu legado entre as novas xeracións de poetas", segundo explica a institución. O primeiro episodio, xa dispoñible na rede, aborda as orixes da autora e os seguintes estrearanse cada martes ata a semana previa ás Letras Galegas.
                    						
                                            Dentro das propostas audiovisuais da RAG para esta conmemoración inclúese tamén a serie 
Onde canta a poeta na que diferentes persoas que coñeceron a autora falan sobre ela ou recitan poemas da súa autorÃa. Estes microespazos audiovisuais, realizados por Miramemira, publicaranse na rede cada dÃa, entre mércores e luns ata o vindeiro 16 de maio.