Quiosco: Estudos de Onomástica Galega V. Os nomes comerciais

A Real Academia presenta un caderno dedicado a marcas e denominacións comerciais no marco da normalización lingüística

| Santiago. Redacción | Seccións: QuioscoLinguaComunicación
Compartir:
Quiosco: Estudos de Onomástica Galega V. Os nomes comerciais

A Real Academia Galega ven de publicar no seu web o caderno Estudos de Onomástica Galega V, dedicado neste caso aos nomes comerciais e con edición de Ana Isabel Boullón Agrelo e Luz Méndez. Os contidos, derivados da Xornada de Onomástica Galega celebrada o pasado 7 de novembro de 2020, traen unha reflexión sobre as tendencias de nomeamento dos establecementos e produtos comerciais e sobre o seu papel na normalización lingüística. Examínanse algúns dos sectores implicados, o valor das marcas galegas, as estratexias de mercadotecnia empregadas e as oportunidades pedagóxicas que ofrece este material para traballar na aula. A publicación inclúe reflexións sobre nomes e marcas por parte de Antón Santamarina, Benigno Fernández Salgado, María Álvarez de la Granja, Víctor Fernández Freixanes ou Raquel Rodríguez Parada, entre outros.

Que che parece esta nova?
86 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Normalización Lingüística, María Álvarez de la Granja, Víctor Fernández Freixanes, Antón Santamarina...