A USC libera para descarga o libro 'Na procura da noite' de fotografía do ceo nocturno

A obra reúne imaxes nocturnas de toda Galicia de nove fotógrafos seleccionados

Na procura da noite (USC) Fotografía: Orión. Fernando Rey Daluz
Na procura da noite (USC) Fotografía: Orión. Fernando Rey Daluz
A Universidade de Santiago de Compostela ven de dispoñer para libre descarga o libro xa descatalogado Na procura da noite: fotografando o ceo nocturno , publicado orixinariamente no ano 2018. O volume recolle unha selección dos mellores fotógrafos do ceo nocturno de Galicia no que cada un achega a súa ollada particular para esta obra, que nos advirte que por riba das nosas cabezas hai unha beleza na que cómpre reparar. Jorge Mira e Salvador Bará coordinan esta publicación na que contribúen coas súas fotografías. A obra reúne fotografías sobre a lúa e as constelacións e outras nas que a propia localización terrestre forma parte da composición da imaxe aparecendo paraxes coma os Ancares, A Veiga, Fisterra, Cabo Vilán, Corme, os Canóns do Sil e moitas outras. Nove fotógrafos asinan este volume: Óscar Blanco Varela, Ana María García Suárez, Daniel Llamas Gómez, Daniel Lois Otero, Alfredo Madrigal Fariña, Pablo Martínez Alemparte, Fernando Rey Daluz, Ängel Rodríguez Arós e Alba Rodríguez Mosquera. O libro está dispoñible para descarga en formato PDF ou tamén para consulta en liña.

Óscar Blanco
Panorama de verán na Veiga. A Veiga. 3 de xullo de 2015
Sony ILCE-7s. 15 mm. Exp. 8 s. f/3.2 ISO 6400.
"Na procura da noite" (USC)


Ana García
Posta de sol en Illas Lobeiras. Corcubión (A Coruña). 24 de febreiro de 2017
Canon EOS 5D Mark III. 150-600 mm. Sigma 5.0 -6.3 con duplicador x2 Sigma 1016 mm. Exp. 1/640 s. f/18 ISO 500
"Na procura da noite" (USC)


Daniel Llamas
Thinking about stars. Penas de Rodas. Outeiro de Rei (Lugo) 18 de setembro de 2015
Panorámica de 16 fotos verticais en 2 filas (8 e 7 para ceo e chan) e 1 foto para min 16 mm. Exp. 25 s. f/2.8 ISO 6400
"Na procura da noite" (USC)


Daniel Lois
Cabo Home. Cangas do Morrazo. (Pontevedra) 24 de xullo de 2015
14 mm Exp. 25 s f/2.8 SO1600
"Na procura da noite" (USC)


Pablo M. Alemparte
Secuencia dun eclipse total de lúa. Cabeiro. Redondela (Pontevedra) 27 de setembro de 2015.
Cámara a Foco Primario en telescopio reflector GSO 200/1000. Fotomontaxe a partir de tomas individuais. Canon EOS 450D.
"Na procura da noite" (USC)


Ángel R. Arós
Hórreo en Sálvora. Sálvora - Riveira (A Coruña) Verán de 2015
Canon EOS 6D 20 mm. Exp. 10 s. ISO 3200
"Na procura da noite" (USC)


Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl