Do branco ao negro: 53 obras de arte no "ventre da balea" do Gaiás

A exposición que escolma fondos da fundación Rac poderase visitar ata o 5 de setembro

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:
Foto: CdC.

Foto: CdC.

Trátase dunha das coleccións de arte máis importantes que conserva unha institución privada galega e saiu da súa sede habitual en Pontevedra para compoñer, na Cidade da Cultura, o "ventre dunha balea". A exposición "Os brancos segredos do seu ventre" amosa no Museo Gaiás unha escolma de 53 obras da Fundación Rosón de Arte Contemporánea (Rac) que a comisaria, a crítica de arte Bea Espejo, organizou a través dun percorrido cromático que vai da cor branca á negra. Entre as pezas que se poden contemplar hai obra de Tracey Moffatt, John Baldessari, Tacita Dean, David Zink Yi ou roman Signer, así como dos galegos Diego Santomé, Rosendo Cid, Marcos Covelo, Sara Coleman ou Ángela de la Cruz. O acceso á exposición é de balde e pode ser visitado ata o 5 de setembro. Bea Espejo sinalou que o deseño expositivo emula o ventre dunha balea "no interior da cal esta exposición provoca que a arte despregue o seu universo de cores".

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fundación RAC, Rosendo Cid, Museo Gaiás, Pontevedra...