A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) escolleu en Asemblea o pasado domingo a súa nova Xunta Directiva. Xosé Barato (Guitiriz, 1979) é o novo presidente, mentres que Luma Gómez asume a vicepresidencia e Arantza Villar accede á secretaría da entidade. Os vogais que completan a Xunta Directiva son Toni Salgado, Xosé Esperante, Sara Fandiño, Eva Fórneas, María Ángeles Iglesias, Daniel Celester, Sheyla Fariña, Rosa Puga Dávila e Iria Lamas. A remuda vai dacordo aos prazos estipulados nos estatutos da AAAG de facerse cada dous anos. Barato sucede no cargo a Xabier Deive (Narón, 1970) que ostentou apresidencia desde abril de 2019. Repiten na directiva Sheyla Fariña, o propio Xosé Barato, Eva Fórneas e Sara Fandiño.
A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), asociación sindical que representa a máis de 340 profesionais da interpretación e da dirección de escena, é unha das entidades con maior percorrido e proxección do tecido asociativo do noso sector cultural. Fundada en 1985, a AAAG é unha entidade sen ánimo de lucro de carácter profesional, autoxestora e autónoma. Entre as súas funcións, atópanse a dignificación da profesión, a defensa dos intereses laborais do seu corpo asociativo, a promoción da produción do sector conformado pola escena e mais o audiovisual ou a organización dun dos acontecementos máis sobranceiros do calendario cultural en Galicia: os Premios de Teatro María Casares, que neste 2021 chegan a súa 25ª edición.