
Tras un proceso previo de presentación de ofertas artÃsticas e de solicitudes por aprte dos concellos a xunta de goberno do ente provincial aprobou a relación de actuacións que se levarán a cabo nos municipios favorecendo a contratación de música galega e a programación artÃstica nos concellos, que unicamente se teñen que facer cargo dos gastos de produción da actuación (como poden ser os equipos de son e luz ou o escenario), posto que o ente provincial abona na súa totalidade o caché do espectáculo dos grupos. Os grupos máis solicitados foron Guadi Galego, Baiuca, Odaiko, Xabier DÃaz e Adufeiras do Salitre, Budiño, Tanxuqueiras e Milladoiro, con 4 concertos cada un. As actuacións serán de entrada de balde. A maiorÃa das actuacións terán lugar nos meses de xullo e agosto, con 22 e 18 concertos. No marco de Musigal haberá tamén dúas actuacións en maio, cinco en xuño e catro en setembro. Os meses de outubro e novembro contarán cun evento cada un.