A nova convocatoria dos Premios de poesía, relato curto e tradución 2021 da Universidade de Vigo inclúe importante novidades no seu apartado de tradución. Este ano a Área de Normalización Lingüística (ANL) da universidade abre os campos xenéricos alén da tradución puramente literaria como era ata o de agora e inclúe a posibilidade de presentar a ese galardón versións en galego de videoxogos, guións cinematográficos, ensaios e textos de divulgación científica. As modalidades de poesía e relato breve manteñen as características de anos anteriores. A ANL galardoará os traballos de maior calidade presentados pola comunidade universitaria cun primeiro premio de 700 euros e dous accésits de 250 euros en cada unha das tres categorías, un total de 3600 euros. Ademais, as poesías, narracións curtas e traducións premiadas serán publicadas nun monográfico que se edita anualmente.
As persoas interesadas nesta convocatoria poden presentar as súas creacións nas tres modalidades ata as 14.00 horas do 16 de abril. Aínda que o único requisito é pertencer á comunidade universitaria, na categoría de tradución non poderá participar o profesorado dos graos en Tradución e Interpretación, Linguas Estranxeiras e Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios. A decisión do xurado, presidido polo reitor e composto por profesionais de recoñecida traxectoria nos ámbitos do certame, coñecerase no acto que celebrará a institución académica con motivo do Día das Letras Galegas.