Convócase a edición 2009 do GZ Crea

O primeiro premio de cada categoría é de 3.000 euros

6/4/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

O certame GZ Crea chega á súa edición 2009 chamando á creatividade de autores de entre 16 e 30 anos. Alén das modalidades de moda, artes plásticas, fotografía, deseño de xoias, graffiti, carteis, videocreación, poesía, relato breve e teatro, a convocatoria inclúe, como é habitual, unha categoría de banda deseñada. A esta poderán presentarse obras orixinais cunha extensión mínima de dez páxinas e textos en galego. As solicitudes para participar están abertas ata o vindeiro 5 de xuño. Ademais dos 3.000 euros do primeiro premio, os gañadores verán publicadas as súas obras nun tomo recompilatorio.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Moda, Fotografía, Banda deseñada, Poesía...

Claves

Entidades