Xuventude dá a coñecer novos gañadores dos premios Xuventude Crea

Xa se resolveron as categorías de poesía, relato, música, carteis e videocreación

22/11/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Aínda pendentes dalgunhas categorías sen resolver, están a se coñecer estes días os gañadores dos premios Xuventude Crea 2010. En concreto, na categoría de relato impúxose Enrique Bernárdez Reigosa coa obra Xetréceme, mentre en poesía o vencedor foi Gonzalo Hermo González, con Crac. En música, pola súa banda, Miguel Alonso Fernández levou o primeiro premio quedando como finalistas Projecto Trepia e Aid. Sofía Grandío levou o primeiro premio na categoría de videocreación con …de tripas corazón e María Pena gañou o concurso de carteis por Cambiar o principio. O premio de banda deseñada, que xa se resolvera con anterioridade, foi para José Domingo.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xuventude, Poesía, Gonzalo Hermo, Aid...

Claves

Protagonistas