Ábrese o prazo para o certame Xuventude Crea 2010

As bases establecen primeiros premios de 3.000 euros en cada categoría

20/7/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: artebanda deseñadateatromúsicaliteraturaaudiovisual
30 lecturas | Compartido 0 veces

O Diario Oficial de Galicia publicaba o pasado día 15 a convocatoria do Certame Xuventude Crea 2010. O concurso establece primeiros premios de 3.000 euros, segundos de 1.500 e terceiros de 1.000 nas categorías de teatro, artes plásticas, moda, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, carteis, deseño de xoias e monólogos. En banda deseñada poden presentarse historias dun mínimo de dez páxinas a cor ou a branco e negro e con textos en galego. O prazo remata o vindeiro 31 de agosto.
Ligazóns externas

Universo culturagalega.gal