O Proxecto Memoria conectará a memoria dos maiores coa narración oral

Producirá pezas de narración oral a partir das lembranzas de colectivos de catro concellos coruñeses

8/3/2021 | Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A Coruña, Sada, Betanzos e Oleiros son os catro concellos nos que se levará a cabo o Proxecto Memoria, unha iniciativa de Artestudio Xestión Cultural con financiamento da Deputación da Coruña que reunirá a catro colectivos de maiores con catro narradores orais contemporáneos. Caxoto, Charo Pita, Ramiro Neira e Soledad Felloza conducirán encontros con grupos de terceira idade nos que explorarán a súa peripecia vital e o impacto da Covid nas súas vidas. Destes encontros sairán diferentes materiais, como unha peza narrativa que interpretarán os narradores e cinco pezas audiovisuais que recollerán a experiencia por concellos máis unha resumo de todas as intervencións. O primeiro dos encontros será este martes 9 de marzo pola tarde na Coruña, onde Soledad Felloza se atopará coas cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Narración oral, Soledad Felloza, Charo Pita...