Emma Pedreira e Laura Romero crean un diálogo poético cos escritos de Xela Arias

Baía Edicións presenta o libro 'XelArias. Palabra á intemperie'

| Santiago. Redacción | Seccións: Día das Letras Galegas
Compartir:
Emma Pedreira e Laura Romero crean un diálogo poético cos escritos de Xela Arias

Emma Pedreira, poeta e narradora, asina a parte literaria de XelArias. Palabra á intemperie, un novo volume publicado por Baía Edicións que ven para acadar unha achega á vida e obra da autora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2021. Pedreira (A Coruña, 1978) fai unha aproximación a xeito de diálogo usando as verbas que deixou escritas Arias sobre ela mesma ou partes das súas obras para respondelas, comentalas ou reflexionar sobre elas tamén coa ollada da poeta en conversa coa outra poeta que xa non está presente. "Non quero facer unha biografía ao uso", di a autora no limiar, "quero falar dunha poeta, que podería ser outra, que podería ser ata eu mesma e non, é Xela e eu con Xela ou Xela en min e, por aí, ando debullando o íntimo dos seus versos nos meus". O traballo gráfico de Laura Romero (Alacant, 1991) mesturando debuxo con colaxe aumenta o carácter de introspección na propia alma das palabras de Xela aumentando a tres as bandas da conversa. O libro de 52 páxinas inclúe tamén unha cronoloxía da vida de Xela Arias así coma unha lista de ligazóns onde escoitar e ver interpretacións da súa obra noutras voces e músicas.

Que che parece esta nova?
73 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xela Arias, Emma Pedreira, Baía Edicións, Día das Letras Galegas...

Claves

Protagonistas
Entidades
Lugares