Ollar.gal achega á rede o traballo de cinco nomes da fotografía actual

O proxecto explica os procesos creativos destas figuras a través de documentais

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Ollar.gal achega á rede o traballo de cinco nomes da fotografía actual

Unha escolma da fotografía galega contemporánea tratada a través de pezas documentais sobre as persoas que a fan. Esta é a proposta de Ollar.gal, o web que acaba de presentar Adarme Visual e que recolle vídeos dedicados a Eva Díez, Miguel Vidal, Raquel Calviño, Javier Teniente e Manuel Sendón. Dirixido por David Hernández e con guións de Jorge Lens, a iniciativa preséntase como "un proxecto multimedia de divulgación da fotografía de autor en Galicia" que nace "na necesidade de crear unha plataforma audiovisual que poña en valor e difunda a obra dos fotógrafos e fotógrafas máis salientables da fotografía de creación en Galicia". Segundo adiantan, para alén dos cinco documentais iniciais, a intención "é a produción de máis películas que vaian completando o panorama da fotografía galega contemporánea". O proxecto contou co apoio do Fondo de proxectos culturais Xacobeo 2021.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fotografía, Documentais, Jorge Lens, Manuel Sendón...