A Federación de Gremios de Editores de España fixo público a pasada semana o seu Barómetro de Hábitos de Lectura e Compra de Libros 2020. No mesmo, reflÃctese un incremento xeneralizado do interese pola lectura como xeito de ocio durante un ano marcado pola pandemia. A medra deuse tamén no noso paÃs, onde un 61,6 por cento das persoas enquisadas afirmaron ler libros no seu tempo libre durante os últimos doce meses. A cifra supón un incremento de 2 puntos a respecto de 2019. No entanto, o noso paÃs continúa como sexto cun indicador máis baixo e mantén a súa distancia coa media estatal neste campo, cifrada nun 64% (1,8 puntos máis que en 2019).
Os datos da Federación amosan, pola contra, un descenso medio nos individuos que len por traballo ou estudos, o que mantén a media de persoas lectoras no 68,8%, case igual que en 2019 (68,5%), e sen achegaren datos para Galicia deste parámetro. Os editores destacan que o número de persoas que len cando menos unha vez durante semana chegou durante o confinamento a un 57% das enquisadas, o que consideran un máximo histórico.