Unha experta identifica a autoría da imaxe da Virxe do Sar

O informe establece que foi o mesmo obradoiro ourensán que elaborou outras imaxes en Compostela

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
A Virxe de Conxo trala súa restauración

A Virxe de Conxo trala súa restauración

A investigadora Carmen Manso, bibliotecaria da Real Academia da Historia, conclúe nun informe que a virxe do Conxo, recuperada este verán do leito do río Sar, foi elaborada por un obradoiro escultórico ourensán que traballou en Compostela a principios do século XIV e do que se conservan varias pezas escultóricas na cidade. La Voz de Galicia tivo acceso a este informe no que se constata que a virxe do Sar é do mesmo tipo iconográfico que a súa homóloga da igrexa compostelá de Santa María Salomé, aínda que a efixie recentemente recuperada é máis "emotiva". A Virxe do Sar tamén foi estudada pro Ramón Yzquierdo, catedrático de arte da Universidade da Coruña e Juan Manuel Monterroso, profesor de arte da USC.

Que che parece esta nova?
70 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sar, Obradoiro, Ramón Yzquierdo, La Voz de Galicia...