A Editorial Galaxia ven de anunciar a publicación dun volume inédito da autora á que este ano está dedicado do DÃa das Letras Galegas. No mes de marzo sairá do prelo dentro da colección Libros para Compartir a obra infantil Non te amola!, asinado por Xela Arias e ilustrado por Luz Beloso. A obra narrativa, ata o de agora descoñecida, ofrece un conxunto de historias unidas por un fÃo sutil que nos agasalla unha biografÃa emocional dunha infancia que se proxecta, vizosa, cara os nosos dÃas. As ilustracións de Luz Beloso personalizan nunha Xela Arias cativa o protagonismo da narración.
A publicación supón achegar ás lectoras e lectores de Galicia o único libro de narrativa escrito por Xela Arias e que permanecÃa inédito ata agora. Un texto que van gozar os máis pequenos da casa pero tamén todos os que queiran achegarse á descubrir a unha autora que se centrou na poesÃa pero que tamén, como di no arranque do libro, querÃa escribir para a xente miúda para contarlles historias de como foi un tempo, o seu, dende o convencemento de que as grandes aventuras se viven en calquera época. Segundo avanza a editorial, as primeiras letras de Non te amola! deixan unha declaración de intencións: "Agora na primavera fixen nove anos. Son moitos para non procurar nada de proveito na vida, asà que vou escribir un libro".