A oferta cultural expositiva abre as portas de novo para toda a poboación, dentro dos seus lÃmites territoriais correspondentes, grazas a relaxación de medidas nas novas restricións sanitarias. Son varios os centros que veñen de confirmar a súa oferta neste sentido, agunhas retomando a actividade anterior e noutras inaugurando mostras novas. É o caso da Fundación Barrié na Coruña, que en coaboración coa Fundación MAPFRE presenta desde este vindeiro sábado 20 a exposición MIRÓ. UNHA COLECCIÓN, con 47 obras de Joan Miró (Barcelona, 1893 - Palma de Mallorca, 1983), un referente ineludible na historia da pintura europea e un dos artistas máis influentes do século XX. Tamén en Vigo a Fundación Laxeiro abre cunha mostra que quedara pendente de presentar: No Chan, do artista Ignacio Pérez-Jofre (Madrid, 1965). Esta exposición individual está formada por obras sobre papel, realizadas nas rúas de Vigo coa técnica de frottage, mediante a que transfire ao soporte as terras do lugar, que actúan como pigmento que rexistra as tramas dos diferentes deseños das beirarrúas da cidade de Vigo.
Na cidade olÃvica tamén ven de anunciar a apertura ao público, coas limitacións de público decretadas, o MARCO que mantén activas nos espazos da planta baixa, as exposicións de Manuel Vilariño e Celeste Garrido nas salas do 1º andar ata o 4 de abril. Na cidade da Cultuira de galicia tamén se reaber a visita á exposición As miradas de Isaac. A mostra Galicia, de Nós a nós que estivo ata xaneiro no Gaiás inaugúrase hoxe mesmo en Ourense, onde poderá verse no centro cultural 'Marcos Valcárce' ata o 18 de abril. Moitos concellos anuncia tamén a apertura de museos de titularidade municipal con exposicións permanetes e o mesmo fai o Museo do Pobo Galego. En Santiago ademais a Casa do Cabido recupera para a visita a mostra Dobre Quadratura, con instalacións dos artistas Lois Patiño e Jorge Perianes. O Museo de Belas Artes da Coruña abre portas ás súas salas e retoma tamén as actividades presenciais paralelas da exposición Vestir Épocas 1860-1960, con charlas explicativas para as que é preciso facer inscrición previa.