Malia ter que manexar unha capacidade moi limitada do 30% da asistencia, sempre respetando ademáis o metro e medio de separación entre asistentes, son varias as salas do paÃs que volven a programar actividades culturais esta mesma semana. Tras o parón forzado destas semanas pasadas levántanse os panos e son moitas as obras de teatro que volven aos escenarios esta fin de semana, incluÃndo algunas estreas. Tamén salas de exhibición cinematográfica como NÚMAX, en Santiago anunciaron a súa volta a actividade este mesmo mércores.
A Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA) volve a activar a súa programación prevista este mesmo venres, coa excepción da obra prevista no pazo da Cultura de Narón, que quedou definitivamente adiada para xuño. Asà o Auditorio do Centro CÃvico Cultural de Arteixo acollerá a representación de O Premio, de La Quintana Teatro e o Teatro Principal de Santiago terá esta fin de seman dúas representacións de A Lingua das bolboretas de Sarabela Teatro. En Vigo a compañÃa AporÃa Escénica ofrece a estrea absoluta de Soga e cinsa, trÃptico renacentista para 11 bruxas (Nerea Brey, Sonsoles Cordón, Diana Mera, Raquel Oitavén, Marta Pérez, Merche Pérez, Rosa Puga Davila, MarÃa Roja, MarÃa Salgueiro, Nuria Sotelo e MarÃa Tasende) en 92 minutos que aborda a caza de bruxas en Europa nos séculos XV, XVI e XVII, no Auditorio Municipal. Na Coruña retoman programación o Teatro Colón e o Teatro RosalÃa e neste último estréase este mesmo venres a obra Pura a cargo da compañÃa Náufragos Teatro. Volve tamén o teatro a Pontevedra coa programación infantil Domingos do Principal con Hansel e Gretel de Borobil Teatro.