No proceso de volta do peche cultural total cada poucos dÃas imos contabilizando unha actividade que volve a formar parte das nosas vidas. Desde a apertura inicial das librarÃas na Fase 1, as bibliotecas con servizos restrinxidos, os museos e o pasado venres os primeiros concertos ante público en salas, agora chega o momento en que van abrir de novo as primeiras salas de cine. O posto de saÃda na volta ás proxeccións o levará unha sala histórica e de empresa familiar, o Cine Seixo, de MarÃn, situado na parroquia do mesmo nome, abrirá as súas portas o vindeiro venres 5 de xuño. Esta sala aberta en 1943 por José Carballo GarcÃa e que hoxe rexenta o seu fillo Perfecto Carballo desde a reapertura en 1999 tras máis dunha década parado, viña xustamente de implantar un sistema de proxección dixital antes do Estado de Alarma e agora será a primeira en ofrecer de novo a experiencia cinematográfica aÃnda que sexa con restricións de aforo (60 butacas) e sistemas de seguridade e separación entre o público. A cartelira comezará coas pelÃculas que estaban en proxección previamente á parada.,
En Santiago de Compostela as salas pertencentes á empresa Cinesa no Centro Comercial As Cancelas serán das primeiras da cadea que esta exhibidora abrirá en todo o Estado, xunto coas que ten en Zaragoza e na localidade valenciana de Aldaya e será o vindeiro luns 8 de xuño cando comecen a proxectar adoptando fortes medidas de seguridade para asegurar o benestar do público. Con capacidade limitada, asentos baleiros, horarios diferenciados para evitar colas e outras medidas as salas de Cinesa en Santiago volverán abrir malia que non será con cine de estrea xa que non hai, senón con pelÃculas de éxito do pasado ano. Tamén en Santiago a Sala NUMAX ten xa previsto o inicio de proxeccións para o vindeiro dÃa 12 de xuño, despois de levar a cabo durante todo un confinamento a exhibición de filmes en plataforma dixital polas redes co programa NUMAX na casa que aÃnda mantén esta semana.